Asemblea Xeral
Asemblea Xeral
É o órgano soberano da FEMP, o seu máximo órgano de goberno, xa que é aquí onde están presentes de forma directa todos os socios da Federación. A Asemblea Xeral convoca as súas reunións ordinarias unha vez cada catro anos, seis meses despois da celebración das Eleccións Municipais.
É o encontro no que se elixe o Presidente, a totalidade dos membros da Comisión Executiva e aproximadamente a metade dos membros do Consello Federal da FEMP. É, tamén, o ámbito onde se aproban as resolucións que marcarán as liñas de traballo da organización para o correspondente mandato.
A primeira Asemblea Xeral da FEMP, a Asemblea Constituínte, celebrouse en Torremolinos en xuño de 1981. Barcelona en 1983, Madrid en 1985, Valencia en 1987, Zaragoza en 1991 e Madrid nas convocatorias de 1995, 1999, 2003 e 2007 foron as cidades que acolleron a celebración das outras oito Asembleas Xerais Ordinarias da Federación.
Ao longo da súa historia, a FEMP só celebrou unha Asemblea Xeral Extraordinaria, en A Coruña en 1993, que tivo como obxectivo a reivindicación dun pacto competencial e financeiro para as Entidades Locais. O resultado daquel cumio municipal, reunido baixo o lema «A Administración máis próxima», foi o compromiso do Goberno da Nación de apoiar un grande Pacto Local de Estado e de iniciar as negociacións sobre o financiamento local.