FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

Junta de Gobierno

COMISIÓN EXECUTIVA

COMISIÓN EXECUTIVA

27/09/2011

> Ir a la fototeca

Comisión Executiva





 
A Comisión Executiva é o órgano encargado de levar á práctica os acordos da Asemblea Xeral e do Consello Federal. Está composta por 25 membros: o Presidente, dous Vicepresidentes e vintedous Vocais, aos que se suma o Secretario Xeral, e reúnese en sesión ordinaria cunha periodicidade mensual.

Do mesmo xeito, correspóndelle administrar o patrimonio da Federación e designar os representantes da mesma nos diversos organismos nos que se require representación Institucional da Administración Local.

Trala redacción dada aos vixentes Estatutos, e en virtude do artigo 33 bis dos mesmos, créase, no seo da Comisión Executiva, unha Xunta de Voceiros que se reúne baixo a dirección do Presidente da FEMP e está asistida polo/a Secretario/a Xeral. A Xunta é convocada en reunión ordinaria polo Presidente da Federación con carácter previo á celebración de cada reunión da Comisión Executiva.