FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

 

Benvida



Como Presidente e en nome da Comisión Executiva da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), é unha honra darlles a benvida a este sitio Web que pretende ser reflexo do conxunto das Administracións Locais españolas que, cada día, dende a proximidade coa cidadanía, contribúen a crear aldeas e cidades integradoras capaces de adaptarse con rapidez a unha sociedade diversa, plural, cambiante e cada vez máis exixente, como a actual.

Dende esta xanela, aberta ao mundo local, queremos facilitar o acceso á información e a comunicación entre os Gobernos Locais e os seus cargos electos, converténdoa nun medio de expresión cheo de posibilidades. Especialmente para os más de seiscentos Alcaldes, Alcaldesas, Concelleiros, Concelleiras e Presidentes e Presidentas de Deputación que participarán nas distintas comisións e grupos de traballo sectoriais da Federación, para quen esta Web quere ser unha útil e valiosa ferramenta de traballo.

Con este obxectivo, poñemos a disposición de todos os nosos asociados esta nova plataforma, mellorada con novos contidos, con tódalas condicións de accesibilidade, con foros específicos para cada unha das áreas de xestión e outros accesos abertos á participación, así como cun novo medio de comunicación que recollerá periodicamente a información relacionada coa actividade dos Gobernos Locais.

Pedro Castro Vázquez
Presidente da FEMP

 


26/09/2011

> Ir a la fototeca